Cando o correo electrónico me avisou de que había unha nova entrada, pensei que debía haber un erro. Dúas no mesmo día! Caramba!
Así que entrei de inmediato e atopei este vídeo. Non sei se vas de viaxe, nin me importa se é iso o que nos queres contar ou o cansazo de hoteis e noites durmidas en camas distintas á túa. O que sei é a viaxe na lembranza que me regalaches hoxe con esta canción. Lembrei cando comezaches con este blogue, e eu estaba tan lonxe da miña casa, naquela cidade na que tan ben me sentín e que tan ben me tratou. Cando érades dous administradores e colgabades cancións de Sin bandera tantas veces que, aínda que xa os coñecía, comecei a descubrilos.
Sabes que volvín ler o teu blogue enteiro hai un tempo. Quería recorda-lo principo daquela historia de trens e oportunidades perdidas, de longas chamadas… Ou de cando descolgaba o móbil para contarche que non sabía, que non estaba segura naqueloutro capítulo tan longo, e que ti dis que aínda está por ver se remata (aínda que eu sei que esta novela xa chegou ó final; xa pechei as tapas). Ou das túas propias cancións de amor e desamor. Lembras?
E neste mes de maio que rematou, tan parecido nalgunhas cousas ó ano pasado, no que de viaxe (de viaxe real) tamén me sentín “un turista que a veces no entiende en realidad lo que me habla la gente” e “he visto ruinas de sueños caídos, mares de fe en desiertos de olvido”, botei man da lección que fun aprendendo na viaxe da vida desque me din conta de que era tempo de volver a ela.
Moitos bicos, Guido.
Nesta louca, alucinante e fantástica viaxe que é a vida, un pasa por moitas e variadas estacións. Nunhas decide quedar un rato só, noutras pasa todo un día. E dalgunha estación perdida, ca que non contabas no camiño… ás veces un non quere partir xamais.
Un bico, Kaia. Gracias por estar ahí, SEMPRE!.

Ateigada de recordos
podo escribir silencios
nos que as estrelas
debuxarían unha luz cegadora
Pódese ser perfecto
ir polo camiño correcto
desapaixoarse…desprenderse
pero non se pode de deixar de ser ti.
FELICIDADES